lunes, 16 de junio de 2014

Enlace curtametraxes para o concurso CRTVG

Este é o enlace da nosa curta elaborada polo alumnado do 2º ciclo (3º e 4º)
http://www.crtvg.es/infantil/nos-tamen-creamos/ceip-manuel-fraga-iribarne-o-ultimo-canto

Aquí abaixo podedes ver todos os traballos (curtas) feitas por outros colexios en distintas categorías: Educación infantil, 1º ciclo e 2º ciclo (esta última é a modalidade pola que participamos nós):
http://www.crtvg.es/infantil/nos-tamen-creamos/

lunes, 2 de junio de 2014

Construcción dunha pirámide


Algunhas fotos

Pinchade neste enlace, ou visitade a galería de imaxes da web do colexio, na carpeta 4º A:

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipmanuelfraga/galeria/thumbnails.php?album=101

jueves, 29 de mayo de 2014

Resumo do argumento da curtametraxe

Este será o traballo que prepararemos para os próximos días.
Se non sabedes algún dato, resolverémolo na clase.

NOME: ______________________________________ CURSO: ______ DATA: __________

CRÍTICA DE CINE:
DATOS DA CURTAMETRAXE:
Título:
Autores:
Decorados:
Edición de video:
Historia adaptada do libro: Autor:
Ilustrador: Editorial:
Argumento:
Fai un resumo da trama da curtametraxe de xeito ordeado.
___________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

Que foi o que máis che gustou do traballo feito?
___________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

Gustouche o resultado? ________________________________________________________

Gustaríache volver a participar nalgunha actividade de animación? ____________
Por que? _______________________________________________________________________

Fai un debuxo representativo da curta ou do traballo levado a cabo este curso

jueves, 15 de mayo de 2014

Conto O último canto

Traballo durante o curso "O último canto"

O que nos tivo tan ocupados ao alumnado de 2º ciclo dende xaneiro foi a gravación da curtametraxe "O último canto"; por iso, tivemos abandonado o blog.
Trátase dun proxecto levado a cabo por mestres que impartimos clase en 3º e 4º.
Primeiro escollimos o libro "O último canto" de Pablo Albo, da Editorial OQO (que nos enviou 15 libros ao colexio e 6 cutrametraxes en DVD), lémolos nas aulas, e despois, pouco a pouco fomos montando escenarios e comezando a mover os personaxes; logo veu a gravación de audio, e cancións.
A pesar de ser un traballo moi laborioso para tan só 5 minutos de curtametraxe, é á vez motivador, e, sobre todo porque se da importancia á lingua galega no ensino e ensino audiovisual.
Como todo este traballo o presentamos a un concurso da CRTVG, non podemos poñer aínda o resultado, pero mañá será proxectado no salón de actos para todo o alumnado do colexio.
Tamén están expostos na entrada principal os decorados e personaxes utilizados. Esperamos que vos guste!









libro orixinal de OQO


É un pequeno resumo con imaxes e texto a modo de guión gráfico que nos axudou moito a ordear a historia por escenas.


miércoles, 12 de marzo de 2014

Semana da prensa na escola



Cinco boas razóns para levar a prensa á escola
1.O periódico é unha ferramenta única. Trata cada día infinidade de temas e é perfectamente adecuado para utilizar en calquera nivel, desde infantil ata bacharelato.
2. Os xornais están ao día, axudan aos alumnos a informarse e a converterse en cidadáns responsables. Tenden unha ponte entre o mundo real e a aula.
3. Os periódicos son motivadores e xeran actitudes positivas ante a lectura. Todo o mundo atopa no periódico algo que lle interesa e divirte.
4. Os periódicos non só axudan aos alumnos a mellorar o seu nivel de lectura, senón tamén a facelo de forma crítica.
5. Unha vez que os nenos aprenden a usar o xornal para obter información, teñen unha ferramenta imprescindible para toda a súa vida.

Información sobre os xornais e as súas partes:

http://www.uclm.es/profesorado/ricardo/Prensa/Musica2001/Periodico.html

miércoles, 22 de enero de 2014